Estatutos sociales

ASOCIACION GALEGA DE BRIDGE

ESTATUTOS

CAPÍTULO I
DA ASOCIACION EN XERAL

Artigo lº

1.-  Procésese a  adapta-los estatutos da  asociación denominada “ASOCIACION GALLEGA DE BRIDGE“, con nº de inscrición no Rexistro central 98655 e  no provincial co no 2646,  de asociación sen ánimo de lucro.

2.- A asociación rexerase polos devanditos estatutos, pola Lei orgánica 112002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociacións e pola demais materia de asociacións que lle sexa aplicable.

Artigo 2º.- O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de A Coruña, Muelle Almirante Viema, s/n, C.P. 15006, teléfono 981-226880.
Poderanse utilizar outros locais asociativos adicionais noutras cidades, ediante acordo da Xunta Directiva, que terá atribucións para cambiar, tanto o domicilio como os locais, dando conta do seu acordo ó organismo encargado do Rexistro de Asociacións.

Artigo 3º.-A asociación en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, ejercerá fundamentalmente as  súas  actividades no  ámbito  territorial da Comunidade Autonómica de Galicia.

Artigo 4º

1.- A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresa en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na legislación vixente.

2.- A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento jurídico.

Artigo 5º

1.- Son fins principias da asociación:

a.- Desenvolver, propagar e fomenta-lo xogo do Bridge.
b.- Coordina-las actividades das Entidades e Clubs Membros e servir de nexo de unión entre estes para manter contactos en intercambios de información sobre o xogo.
c.- Agrupar, representar e  defende-los seus  Membros e  os  seus  xogadores federados.
d.- Coordinar difundí-las regras do xogo, así como as actividades bridgistica no seu entorno.
e.- Promover e regulamenta-las  competicións,  concursos e campionatos que organice, e  supervisar, cando asi se solicite, as que se realicen polos seus Membros. 
f.- Promove-la creación e desenvolvemento dun Colexio de árbitros e un centro de profesores de Bridge.
g.- Colaborar coa Federación Española e demais Asociacións de Bridge que pudieran existir na creación, regulamentación e modificación das normas do xogo.

2.- Para levar a cabo os seis fins, poderá a asociación organiza-las seguintes actividades:

a.- Campionatos Intemacionais
b.- Campionatos Nacionais
c.- Campionatos Rexionais
d.- Campionatos Sociais

Os beneficios que se obtenían por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir ente os asociados nin outras persoas físicas ou jurídicas con interese lucrativo.

CAPÍTULO II
DOS ASOCIADOS

Artigo 6º
1.- Poderán ser integrantes da asociacón tódas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas jurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e que reúnan os seguintes requisitos:

a.- Estar legalmente constituídas.
b.- Dedicarse, ainda que non sexa o seu principal obxecto, á práctica do Bridge e contar con instalación axeitadas e medios suficientes para facelo.
c.- Ter un enderezo social ou, polo menos, unha delegación ou sección dentro da provincia conespondente.
d.- Contar cun número mínimo de xogadores federados, que actualmente se fixa en cinco, susceptible de  variación segundo a  evolución das  licencias que  se  vaian expedindo.

2.- Poderán ser integrantes da asociación na súa seccwn infantil, os menores non emancipados de máis de 14 anos co consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban suplí-la súa capacidade.

3.- Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persona que desexa ser admitida.

Artigo 7º.- Dentro da asociación poderán existí-las seguintes clases de asociados:
 
a)  Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.
b)  Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
e)  Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación.
d)  Infantís, aquelas persoas menores de 18 anos que participen na asociación, que estarán integradas na sección infantil, no seu caso.

Artigo 8º

1.- A condición de asociado pérdese:

a) Por vontade propia.
b) Por falta de pago de 4 cotas
e) Por incumprimento  das súas obrigas ou a realización de accións que prexudiquen gravemente ós intereses da Asociación, previo expediente disciplinario, con audiencia do interesado.
d) Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa jurídica.

2.- A expulsión de asociados e asociadas nos supostos dos apartados b) e e) do parágrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase reconer ante a xurisdición ordinaria.

 

Artigo 9º.- Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:

1-  Participar nas actividades da asociación e nos órganos de gobemo e representación, exerce-lo dereito de voto, así como asistir á  Asemblea Xeral, de acordo cos estatutos.
2-  Ser informado da composición  dos órganos de gobemo e  representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
3-  Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feítos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
4-  Impugna-los acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós estatutos.

Os asociados e asociadas honorarios e infantís non inservirán na dirección da asociación nin nos órganos de representación dela, pero están facultados para asistir ás asembleas xerais con voz, pero sen voto.

Artigo 10º.- Son obrigas dos asociados e asociadas:

1.- Compartir-las finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.
2.- Paga-la cotas que se establezcan.
3.- Desempeña-los cargos para os que foron elixidos.
4.- Acatar e cumpri-los acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.
5.- Acata-lo contido dos estatutos.
6.- Ter unha boa conducta individual e cívica.

CAPÍTULO III
DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN

Artigo 11º.- A dirección e administración da asociación serán ejercidas polo presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

Artigo 12°

1.- O presidente da asociación será asignado pola Asemblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durará catro anos. Será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

2.- O presidente terá as seguintes atribucións:

a) Representa-la asociación diante de calquera organismo público ou privado.
b) Convocar e presidí-las sesións que celebre a Xunta Directiva; presidí-las sesións da Asemblea Xeral; dirixi-las deliberación dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de empate.
e) Executa-los acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

d) Ordena-los pagamentos acordados validamente.

e) Asina-las actas, certificados, pagos e outros documentos da asociación xunto co  secretario ou  membro da  Xunta  Directiva a  quen  lle  corresponda a elaboración do documento de que se trate.

Artigo 13º

1.- A Xunta Directiva estará formada polo presidente da asociación, un vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e sete vocais.

2.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación. As persoas elididas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola asociación.

3.- A Asemblea Xeral será a competente para elixi-los cargos da Xunta Directiva. A súa duración será por un peliodo de catro anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.
 
4.- Os cargos cesarán na súa función por:

a)  facelemento da persoa física ou extinción da persoajurídica.
b)  renuncia voluntaria.
e)  transcurso do prazo para o que foron elididos.
d)  Acordo de  cesamento de  toda a  Xunta Directiva adoptado por 3/4  dos asociados reunidos en Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.

A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cese automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor.

As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, serán cubertas provisoriamente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral. En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como  mínimo por  3  persoas, que  ejercerán as  funcións de  presidente, secretario e tesoureiro.

Artigo 14º.- A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:

1.- Programar e dirixi-las actividades asociativas.
2.- Leva-la xestión administrativa e económica da asociación.
3.- Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de cantas do ano anterior.
4.- Convocar e fixa-la data da Asemblea Xeral.
5.- Proponer á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.
6.- Designa-las comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación.
7.-  Ditar nonnas  interiores de organización e  exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral.
8.- Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.
9.- Propone-lo plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
10.- Resolve-los procedementos disciplinarios que se instrúan.
11.- Aquelas que non veñan atribuídas expresamente á outro órgano da asociación.

Artigo 15º

1.- A Xunta Directiva será convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus componentes.
2.- Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en todo caso, do presidente ou  vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.
O secretario ou, no seu defecto, o vocal que o substitúa, levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.

Artigo 16º.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

Artigo 17º.- A Asemblea  Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O presidente e o secretario da asemblea serán tamén o presidente e secretario da Xunta Directiva.

Artigo 18º.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínino unha vez ó ano  e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o  motivo da convocatoria e a orde do día.

Artigo 19º.- A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no período que vai desde o mes de xaneiro ata o de xunio de cada ano natural. Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva.

A  notificación  farase  nos  locais  da  asociación  para  as  asembleas  ordinarias  e  no domicilio dos asociados para as asembleas extraordinarias.

Artigo 20º.- Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:

l. Aproba-lo plan de actividades.
2. Examinar e aproba-las contase  balances do exercicio anterior.
3. Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
4. Exame e aprobación das cotas.

Artigo 21º.- Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:
 
l. Modifica-los estatutos da asociación.
2. Elixir e cesa-los membros integrantes da Xunta Directiva.
3. Aproba-la federación con outras asociacións.
4. Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
5. Acorda-la disolución da asociación.
6. Designa-los/as liquidadores/as.
7. Ratifica-la expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
8. Solicita-la declaración de utilidade pública da asociación.
9. Aproba-lo regulamento de réxime interno da asociación.
10.As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, no poidan espera-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación.
11. Tódalas  competencias  non  conferidas  expresamente  á  Asemblea Xeral Ordinaria ou á Xunta Directiva.

Artigo 22º.- A Asemblea Xeral quedará valiamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de  asistentes pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.
 
Artigo 23º.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos os apartados 1 ó 7 do artigo 21º, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ó libro de actas e asinará o/a presidente, o/a secretario/a da asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría dos presentes.

Artigo 24º.- Os acordos  adoptados conforme os preceptos anteriores abrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes.
 
As sesións abriranse cando así o determine o presidente. Seguidamente se procederá por parte do secretario á lectura da acta da Asemblea anterior que deberá ser aprobada.

Posteriormente o  secretario procederá a presentar a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.

Artigo 25º.- Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrixan os fins da asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.

Artigo 26º.-

1. O secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle así mesmo notifica-las convocatorias e custodia-las actas e  expedir certificación dests co  visto e  prace do  presidente. O secretario tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto.

2. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará entre os vocais a un que desenvolva esta función.

Artigo 27º.-

1. O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará  cumprimento  ás  ardes  de  pagamento  que  expida  o  presidente,  levará  a contabilidade da asociación, tomará razón e levará canta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as cantas de resultados e balances.

2. O tesoureiro ten a abriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as cantas estean a disposición dos membros da asociación nos quince días anteriores á celebración da Asemblea Ordinaria.

Artigo 28º.- Os vocais terán as seguintes atribucións:

l. Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
2. Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

CAPÍTULO IV
RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 29º.- A asociación carece dun patrimonio fundacional. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.

Artigo 30º.-  A asociación funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de  presuposto será elaborado polo tesoureiro da asociación, que deberá de telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, co fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.

Artigo 31º.- A asociación manterase dos seguintes recursos:

l. As cotas periódicas dos/as asociados/as.
2. As cotas extraordinarias que proponía a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asemblea.
3. As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
5. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

Artigo 32º.- A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atende-las necesidades da asociación.

Artigo 33º.- Anualmente con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nurlha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.

Artigo 34º.- Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura conxunta do presidente e do tesoureiro.

Artigo 35º.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuidos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola asociación.

CAPÍTULO V
DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

Artigo  36º.-  O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o  procedemento disciplinario, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.

CAPÍTULO VI
MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Artigo 37º.- Os presentes estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificiacións propostas.

Artigo 38º.- A asociacón disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.

Artigo 39º.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a presidente e o/a tesoureiro/a, procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando ho haber líquido resultante.

Artigo  40º.-  O haber resultante unha vez efectuada a  liquidación, doarase a outra asociación non lucretiva e inscrita na comunidade autónoma.

O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación.

 

Dona María Balás Pedreira, na súa calidade de secretaria de la Asociación Gallega de Bridge fai constar que os ditos estatutos modificados en Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o 11 de maio de 2004 sono para cumprir cos requisitos establecidos na disposición transitoria primeira da Lei orgánica l/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

A Coruña, 13 de maio de 2004

María Balás Pedreira
Secretaria
 

Los comentarios están cerrados.